Thursday 02 de May de 2024

O Partido Popular de Arzúa presentará a súa lista para as municipais do 28M o vindeiro xoves, día 4, nun acto que contará coa participación da Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez Mejuto


• A presentación realizarase na Casa da Cultura de Arzúa (Rúa Santiago, 60) ás 21 horas.

• Coa renovación e reforzo da candidatura loitarase por un goberno de maioría.

Logo da presentación en febreiro do candidato do Partido Popular de Arzúa para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio, Rafa Rivadulla, se realiza a convocatoria á veciñanza para que este próximo xoves día 4 asistan á presentación da lista completa da candidatura que acompañarán a Rivadulla.
O acto se realizará na Casa da Cultura de Arzúa (Rúa Santiago, 60) ás 21 horas.
Na presentación participará a Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez Mejuto.

Iniciará o acto o compañeiro co número 2, Luís Vázquez García, en representación do resto de compañeiros que conforman a lista xunto con Rafa Rivadulla.

A ampla renovación da candidatura, dun 65% con respecto ás municipais de 2019, e sen repetición de postos, salvo Rivadulla, non influíu sobre a media de idade, de 46 anos. Conta cunha ampla representación sobre o total das parroquias, con máis da metade das mesmas.

Segundo Rivadulla, “a pesares de que aínda non se fixo presentación oficial, xa estamos en boca da veciñanza como unha candidatura capaz de arrebatarlle o goberno a Alternativa por Arzúa”. Engade que “o alcalde non entendeu que a demanda veciñal de cambio de rumbo no seu goberno comeza pola renovación da súa lista, algo que non sucedeu, e que ademais denota unha falta de atracción, ao presentar lista novamente incompleta e con dúas persoas menos que nas anteriores eleccións”.

Dende o Partido Popular de Arzúa convídase á cidadanía do rural e da vila a asistir á presentación da candidatura para coñecer a mesma.

Nº Nome e apelidos
1 Rafael Rivadulla Varela
2 Luis Vázquez García
3 Cristina Castro Pampín
4 Vanesa María Rodríguez Méndez
5 Jesús Gómez Camino
6 José Manuel Brea Conde
7 María Carmen Valiño Bermejo
8 Mª Teresa Taboada Casal
9 José Manuel Tato Vázquez
10 Eva María Sánchez Rey
11 Juan José Rivas Mosquera
12 María Pérez Santos
13 Iván Rey Méndez
Suplentes
1 Isabel Pampín Blanco
2 Rubén Vázquez Vaamonde
3 María Azucena Martínez Cereijo
4 Juan Jesús Rey Asorey
5 Iván Vázquez Cea
6 Laura Pampín Ramos
7 Javier Santos García
8 Encarnación García López
9 José García Rivadulla
10 Jesús Manuel Fernández Furelos